O crédito destinado ao financiamento dos proxectos é de 50.700 euros, un 48% menos que en 2009. A achega económica que se asigne a cada un será determinada por unha comisión de cualificación en base a diversos criterios. Por unha banda, terase en conta a calidade do proxecto, en función da implicación activa dos membros da comunidade no proxecto, da orixinalidade das propostas, da colaboracións con outras institucións e outros centros educativos etc. Por outra banda, tamén se terá en conta na valoración do proxecto o número de estudantes.
Os centros educativos poderán presentar as súas solicitudes ata o día 17 de febreiro.
Convocatoria completa en .pdf (DOG do 18/1/2011 >
Convocatoria de subvencións para proxectos de fomento do galego en centros de ensino privados
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas para fomentar o uso do galego desde o ámbito educativo privado durante o curso escolar 2010-2011. O prazo de presentación de solicitudes remata o 17 de febreiro