Convocatoria de subvencións para a tradución de libros desde e para o galego

A Consellería de Cultura e Turismo convoca axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, tanto no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego como á tradución para galego de obras publicadas noutras linguas

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia publicou no DOG do 4 de xaneiro de 2011 a Orde pola que se estabelecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á tradución a outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución ao galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

A estas axudas dedícalle a Xunta a cantidade de 200.000 euros (o 50% do orzamento de 2011 e o outro 50% do orzamento de 2012).

A axuda máxima por obra será de 6.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Convocatoria completa en .pdf >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio