Convocatoria de subvencións para a produción de videoclips musicais e curtametraxes en galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca axudas para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips. O prazo de presentación remata o 30 de abril

MODALIDADES

Serán obxecto de subvención os proxectos de curtametraxes gravadas en versión orixinal en lingua galega cunha duración inferior a 30 minutos, nas seguintes modalidades:

-Modalidade A: curtametraxes en soporte cinematográfico.

-Modalidade B: curtametraxes de animación en soporte cinematográfico.

-Modalidade C: curtametraxes en soporte dixital, de imaxe real ou de animación.

-Modalidade D. Videoclips. Relatos audiovisuais que acompañen ou promovan unha produción discográfica de música galega producidos por empresas audiovisuais, en colaboración con empresas discográficas titulares dos seus dereitos de explotación.

Cada empresa solicitante só poderá ser beneficiaria dun máximo de dous proxectos de realización de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega e videoclips.

ORZAMENTO E CONTÍAS

O orzamento que se destina a estas axudas é de 195.500 €.

Para curtametraxes en soporte cinematográfico a axuda máxima será de 14.000 €, para curtametraxes de animación en soporte cinematográfico de 25.000 €, para curtametraxes en soporte dixital de 10.000 € e para videoclips de 4.000 euros.

A contía de cada subvención non poderá superar o 60% dos custos do proxecto.

PRAZO

As solicitudes pódense presentar até o 30 de abril.

BASES

A convocatoria completa foi publicada no DOG do 30 de marzo, e pode consultarse aquí (.pdf) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio