Convocatoria de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios

No Diario Oficial de Galicia do 19 de febreiro publícase a Resolución do 4 de febreiro de 2009, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se regula a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. O prazo para a presentar as solicitudes remata o 30 de abril de 2009.

O financiamento das axudas será de 1.050.000 euros e estabelécense dous criterios preferentes para conceder a subvención: a calidade da obra e a súa orixinalidade. Como elementos para valorar a calidade teranse en conta a adaptación dos contidos da obra ao currículo establecido, o tipo de actividades, a motivación, o tratamento dos valores democráticos, a adecuación da linguaxe ao nivel académico do alumnado, a adecuación á realidade cultural e social de Galicia e a calidade lingüística. No relativo á orixinalidade da obra, valoraranse as obras de creación propia sobre as refundidas ou adaptadas.

Poden optar a estas axudas as empresas que teñan un departamento de edición en Galicia. Os títulos propostos para optar ás subvencións deberán ter unha tiraxe mínima de 1000 exemplares, se son en soporte impreso, e de 500 se son en soporte dixital ou audiovisual. Os títulos terán que estar destinados á venda e haberá que acreditar o correspondente número de ISBN e do depósito legal definitivo, que deberá ter unha data posterior ao 1 de maio de 2008.

O prazo para a presentación das solicitudes remata o vindeiro 30 de abril. Pode consultar a convocatoria completa nesta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio