Convocatoria de subvencións do Concello da Coruña a entidades sen fin de lucro para realizaren accións de normalización da lingua galega

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca subvencións a entidades sen fin de lucro para realizaren accións de normalización da lingua galega. O prazo para presentar estas solicitudes é dun mes, que contará desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (21 de abril de 2010)

Poderán acceder á condición de beneficiarias aquelas entidades asociativas sen ánimo de lucro sempre e cando pertenzan ao concello da Coruña e presenten proxectos que se desenvolvan total ou parcialmente no ámbito territorial do concello da Coruña. As actividades que se subvencionarán a través desta convocatoria son as seguintes.

1. Proxectos e campañas de sensibilización e fomento da lingua galega.

2. Proxectos que teñan como obxectivo dinamizar a lingua galega no ámbito de actuación de cada entidade.

3. Proxectos de elaboración e difusión de materiais en lingua galega que teñan como finalidade introducir ou estender o uso da lingua galega nalgún ámbito ou espazo de uso.

4. Proxectos de formación lingüística e de acollemento lingüístico.

5. Plans estratéxicos de fomento da lingua galega e creación de gabinetes de normalización lingüística nas propias entidades.

6. Proxectos de asesoramento lingüístico e de mellora da calidade da lingua galega.

Podes ler a convocatoria completa a través desta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio