Convocatoria de subvencións do Concello da Coruña a entidades sen fin de lucro para realizaren accións de normalización da lingua galega

A Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña anuncia no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de subvencións a entidades sen fin de lucro para realizaren accións de normalización da lingua galega. O prazo para presentar solicitudes é dun mes.

Actividades subvencionables



  • Proxectos que teñan como obxectivo dinamizar o uso da lingua galega no seu ámbito desenvolvendo programas de normalización lingüística.


  • Proxectos de elaboración e difusión de materiais en lingua galega que teñan como finalidade introducir ou estender o uso da lingua galega nalgún eido.


  • Confección de documentación (publicacións, cómics, folletos, revistas e boletíns, material lúdico e/ou educativo, etc.), vocabularios, manuais, recursos para o lecer e xogos en galego, plans xerais de fomento da lingua galega, creación de gabinetes de normalización, actividades de creación audiovisual e na Internet, realización de programas de radio e TV non publicitarios, desenvolvemento de actividades culturais (congresos, premios, animación sociocultural, obradoiros, certames…), campañas de sensibilización e publicidade en calquera soporte, elaboración de portais e páxinas web, blogs, etc.


  • Proxectos de formación e sensibilización das persoas asociadas para incorporar o obxectivo da promoción do galego nas súas actividades.


  • Realización de obradoiros de lingua galega que presenten o galego como unha actividade lúdica, co obxectivo de desfacer prexuízos entre a cidadanía e de constituír un ámbito en que se practique a lingua de xeito efectivo.




O prazo de solicitude é dun mes a contar dende o día en que se publicaron as bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provinicia (martes 12 de maio de 2009)

Pode consultar o texto completo da convocatoria nesta ligazón e, para máis información, o blogue do SNL do Concello da Coruña



VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio