Convocatoria de subvencións a producións audiovisuais en galego

A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con contido artístico e cultural, co ánimo de contribuír ao desenvolvemento da cultura e facilitar o acceso á diversidade cultural das producións audiovisuais galegas

A Agadic convoca as subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural dentro do seu programa de axudas ao sector cultural galego previsto para 2012.

Destínase un crédito global de 2.900.000 euros para a concesión destas subvencións, que será distribuído entre as seguintes modalidades:

1. Longametraxes

a) Cinematográficas (animación, ficción ou documental)

b) Ópera prima ou segunda longametraxe

c) Películas para televisión

2. Longametraxes documentais

a) De creación

b) De difusión cultural

Prazo de presentación de solicitudes: do 20 de abril ao 19 de maio de 2012

Convocatoria publicada no DOG nº 75 de 19 de abril de 2012>
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio