Convocatoria de seminarios de linguaxe non sexista

O Consello da Xuventude de Galicia convoca diferentes seminarios de linguaxe non sexista cos obxectivos de crear espazos de debate e de reflexión acerca da repercusión e da influencia do sexismo social sobre a linguaxe, e de analizar a linguaxe sexista en diferentes ámbitos, así como facilitar recursos para evitar calquera tipo de discriminación

As persoas destinatarias son mozas e mozos pertencentes a asociacións xuvenís e poboación moza en xeral. Ademais, formuláronse diferentes sesións:



Primeiro seminario: sábado 22 de novembro, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h

Data límite de inscrición: 17 de novembro

Segundo seminario: sábado 13 de decembro, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h

Data límite de inscrición: 9 de decembro



Terceiro seminario: sábado 20 de decembro, de 11:00 a 14:00 h e de 16:00 a 21:00 h

Data límite de inscrición: 15 de decembro.

A inscrición é gratuíta a través da web e, se desexa consultar o programa completo, pode facelo a través desta ligazón.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio