Convocatoria de reunión para os ENDL de toda Galiza

Unha serie de persoas que forman parte dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de diferentes centros de ensino do país, veñen de comunicar unha reunión para o vindeiro sábado sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago) co fin de analizar a situación dos equipos e a nova situación canto á normalización.

Os obxectivos desta reunión son os seguintes:





  • Avaliar a posibilidade de se facer pública a posición dos EDNL canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levarase un texto base para consensuar antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.


  • Pensar na posibilidade de crear unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos centros, como en xeral, na sociedade.




Para asistir á reunión, a organización solicita que se confirme a asistencia de forma previa.



Podes consultar esta nova noPlaneta de Equipos de Normalización Lingüística ou no blogue do ENDL do IES Félix Muriel

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio