Que son as competencias clave?
Son a acreditación de que alguén posúe os coñecementos e as competencias necesarias para participar nos cursos correspondentes aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.
Convocatoria: DOG do 21 de setembro de 2012
PRAZOS
-Prazo de presentación de solicitudes: ata o 10 de outubro de 2012
-Publicación da lista provisional de admitidos/as: 2 de novembro
-Presentación de alegacións: do 3 ao 7 de novembro
-Publicación da lista definitiva de admitidos/as: 16 de novembro
-Realización das probas de nivel 2: 24 de novembro
-Publicación dos resultados provisionais das probas: 5 decembro
-Presentación de reclamacións: ata o 11 de decembro
-Publicación dos resultados definitivos das probas: 21 decembro
COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN
Nivel 2 de:
-Comunicación en lingua galega
-Comunicación en lingua castelá
-Comunicación en lingua estranxeira (inglés)
-Competencia matemática
-Competencia en ciencia
-Competencia en tecnoloxía
-Competencia dixital
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
-En calquera rexistro dirixido á Xunta (ou medio equivalente), entregando a solicitude cuberta e unha fotocopia do documento de identidade
–Folla de solicitude>
LUGAR E HORARIO DE REALIZACIÓN DAS PROBAS
-Lugar: Recinto feiral de Silleda
-Horario:
-Matemáticas, galego, castelán e inglés: 10.00 h (hai que presentarse ás 9.00 h)
-Ciencia, tecnoloxía e dixital: 16.30 h (hai que presentarse ás 15.30 h)
INFORMACIÓN COMPLETA
http://traballo.xunta.es/portada-competencias-clave
Convocatoria de probas de competencias clave en galego de nivel 2
A Xunta de Galicia convoca novas probas de avaliación en competencias clave de nivel 2, entre as que se atopan as de comunicación en lingua galega. As probas terán lugar o 24 de novembro, e o prazo de solicitude está aberto ata o 10 de outubro