Convocatoria de premios para proxectos de fomento do galego nos centros de ensino

A Consellería de Educación convoca os Premios de Innovación en Dinamización Lingüística, unha iniciativa dirixida aos centros busca fomentar o desenvolvemento de proxectos educativos innovadores que favorezan o uso da lingua galega. O prazo para presentar proxectos remata o 15 de xullo

As iniciativas deberán fomentar algún ou varios dos seguintes aspectos: o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso que favorezan a utilización desta lingua dentro e fóra das aulas; o achegamento ao galego e ao coñecemento da realidade sociocultural galega por parte do alumnado procedente do estranxeiro e das súas familias; a colaboración con entidades culturais, asociativas, recreativas e deportivas, así como coas empresas locais, para favorecer o emprego da lingua galega e mellorar a súa valoración social; e a relación da lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación.

Criterios de valoración

Ademais da viabilidade do proxecto, valorarase especialmente o interese educativo da iniciativa, para o que se terán en conta diversos criterios, como o seu carácter innovador e a súa integración no proxecto educativo, os obxectivos que persegue e a súa adecuación ao Plan xeral de normalización da lingua galega, a súa contribución á posta en relación do galego cunha cultura de interese para a mocidade e con proxección de futuro ou as propostas de tratamento da diversidade, entre outros.

Xornada de formación para o profesorado

As iniciativas seleccionadas recibirán unha dotación económica de 3.000 euros. Ademais, a Secretaría Xeral de Política Lingüística prestará o asesoramento necesario durante o desenvolvemento do proxecto e organizará unha xornada de formación para o profesorado implicado nas iniciativas gañadoras.

A SXPL difundirá as experiencias que se seleccionen e mais os materiais educativos producidos no enderezo web http://www.xunta.es/linguagalega

A través dos Premios de Innovación en Dinamización Lingüística preténdese reforzar a dimensión comunicativa do galego en relación con contextos vivos, facilitarlle ao alumnado unha oferta educativa que o axude a percibir a utilidade desta lingua e que o capacite para o seu uso correcto e eficaz.

Prazo de presentación: até o 15 de xullo de 2010.

Convocatoria completa (.pdf) >

Anexo (.pdf) >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio