As categorías a que se pode optar son as seguintes:
a) Contidos xerais para a internet. Contidos de tipo xeral que non estean recollidos nas outras categorías.
b) Contidos para o achegamento ás TIC. Contidos públicos na internet orientados aos colectivos con maiores dificultades de inclusión na sociedade da información (persoas maiores, emigración, inmigración, persoas con discapacidades…).
c) Contidos orientados á promoción do patrimonio, cultura e lingua galegas.
d) Aplicacións informáticas para a prestación de servizos na internet que inclúan a formación e o asesoramento da internet nos fogares. Terán un recoñecemento especial aquelas que se desenvolvesen en código aberto.
O prazo para presentar solicitudes é de 1 mes a partir do día seguinte ao de se publicar a convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Convocatoria de premios ao desenvolvemento de novos contidos para a internet en galego
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica convoca os premios ao desenvolvemento de novos contidos para a Internet en galego coa finalidade de fomentar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación mediante o incremento de contidos para a internet, destacables pola súa creatividade e calidade.