DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIA
Publicación: Diario Oficial de Galicia (DOG) do 25 de maio de 2011
Prazas convocadas:
-Universidade do Miño, Braga, Portugal
-Universidade do Algarve, Faro, Portugal
-Universidade Complutense de Madrid, España
-Universidade de Granada, España
-Universidade de Barcelona, Catalunya
-Universidade de Deusto, Euskadi
-Universidade de Heidelberg, Alemaña
-Universidade de Padua, Italia
-Universidade de Roma La Sapienza, Italia
Titulación necesaria: dependendo do lectorado que sexa, o requisito pode ser a licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente ou Tradución.
Criterios de selección: valoración de méritos, de acordo coas puntuacións fixadas no anexo II da convocatoria
Duración: máximo de tres anos
Contía :
-1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades do Estado español.
-1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades de fóra do Estado español.
Prazo de presentación: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria
A fase de entrevista celebrarase o día 19 de xullo de 2011 nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a partir das 09:30 h.
Convocatoria completa, en .pdf, aquí >
Convocatoria de prazas en nove lectorados europeos
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca 9 prazas en lectorados de galego en España, Alemaña, Italia e Portugal. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de xuño