Convocatoria de praza de técnico/a de normalizacion lingüística no Concello de Noia

O Concello de Noia anunciou no BOP de hoxe a convocatoria dun proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnico/a de normalización lingüística e a formación dunha bolsa de emprego. O prazo para presentar solicitudes é de dez días hábiles.



O Concello de Noia publicou no BOP do 20 de agosto o anuncio da convocatoria dun proceso selectivo para prover unha praza de técnico/a de normalización lingüística, alén de para crear unha bolsa de emprego para futuras contratacións.

CARACTERÍSTICAS DO POSTO DE TRABALLO

A praza será do grupo A1 da categoría técnico/a de normalización lingüística, coas funcións establecidas no programa de axudas para SNL da Deputación Provincial de Coruña. A contratación ou nomeamento farase a media xornada durante un máximo de seis meses por ano natural.

VIXENCIA DA BOLSA DE EMPREGO

A bolsa de emprego que se cree a partir desta convocatoria terá unha vixencia xeral de tres anos desde a aprobación da súa constitución.

TITULACIÓN REQUIRIDA

Para participar neste proceso selectivo, cómpre ter algunha das seguintes titulacións:

– Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa ou equivalente

– Licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente

– Licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) ou equivalente

– Grao en Lingua Galega ou equivalente

– Calquera outra licenciatura ou grao sempre que se dispoña do Celga 5

SISTEMA DE SELECCIÓN E PROCESO SELECTIVO

O sistema selectivo será o de concurso-oposición, onde a fase de concurso será previa á fase de oposición.

Na fase de concurso valorarase a experiencia profesional relacionada co posto de traballo, tanto en administracións públicas coma en entidades privadas. A puntuación máxima da fase de concurso é de 2 puntos.

A fase de oposición valorarase cun máximo de 8 puntos e consistirá nun exame tipo test, de 40 preguntas con tres respostas, sobre o temario do anexo II das bases.

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN E PRAZO

A solicitude axustarase ao modelo anexo ás bases e poderá presentarse tanto na sede electrónica coma presencialmente no Rexistro do Concello e noutras oficinas de acordo coa Lei 39/2015, do 2 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Debe incluír documento de identidade, titulación e relación de méritos coa documentación pertinente.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP. Polo tanto, o prazo finaliza o 3 de setembro.

Máis información na sede electrónica do Concello de Noia: bases completas, modelo de solicitude, temario…

Bases completas, en .pdf

Anuncio da convocatoria, en .pdf (BOP da Coruña do 20 de agosto de 2020)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio