Convocatoria de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en universidades de fóra de Galiza

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca oito prazas en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas en Cuba, Reino Unido, Irlanda, Brasil, Francia, Alemaña e Euskadi. O prazo de solicitude estará aberto até o 3 de agosto.

No Diario Oficial de Galicia do xoves 2 de xullo está publicada a convocatoria ordinaria para cubrir prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos seguintes centros:
  • Universidade de La Habana


  • Universidade de Birmingham


  • Queen’s College, Universidade de Oxford


  • Universidade de Cork


  • Universidade Federal da Bahía


  • Universidade de París III, A Sorbona


  • Universidade de Trier


  • Universidade do País Vasco


Poderán participar nesta convocatoria persoas licenciadas en Filoloxía Galega ou equivalente, en Filoloxía Románica con galego como primeira ou segunda lingua e, dependendo do centro do que se trate, en Tradución e Interpretación, sempre que se acrediten 27 créditos de galego.

As persoas seleccionadas serán nomeadas por un ano, con posibilidade a renovar até dous anos máis.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no DOG.

A convocatoria completa, en .pdf, pode descargarse aquí.
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio