A Deputación de Ourense anuncia a convocatoria para a selección, como funcionario/a interino/a, dun tradutor/a en lingua galega.
O procedemento de selección é o de concurso mais, con carácter previo á valoración dos méritos, as persoas aspirantes deberán realizar unha proba práctica que consistirá na tradución ao galego dun texto en castelán.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de febreiro.
A convocatoria completa pódese descargar en .pdf aquí.
Convocatoria de interinidade de tradutor/a en lingua galega na Deputación de Ourense
A Deputación de Ourense publica no seu BOP do 18 de febreiro as bases de selección como funcionario/a interino/a dun ou dunha tradutor/a en lingua galega. O prazo de presentación de instancias é de 7 días naturais.