Convocatoria de dúas bolsas para prácticas no SNL do Concello da Coruña

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña convoca dúas bolsas destinadas a estudantes universitarios para realizaren prácticas en tarefas que corresponden no desenvolvemento de funcións do Servizo de Normalización Lingüística.

Segundo as bases da convocatoria, as persoas destinatarias son estudantes universitarias do último curso de Filoloxía Galega ou aqueles/as aos/ás que lles queden un número de materias inferior a un curso para a finalizaren.

A documentación para presentar é a solicitude debidamente cuberta; os datos académicos, en que se detallen os estudos cursados ou en curso, así como calquera precisión que se estimar necesaria xunto cunha fotocopia do expediente ou informe académico; unha fotocopia do DNI; un currículo; e unha

memoria en que se expoñan os motivos e expectativas que levan a formular a solicitude, os coñecementos, capacidades técnicas e experiencia que alega, e tarefas ou calquera outro aspecto que desexaría realizar durante as prácticas, incluíndo a posíbel proposta de novos programas ou proxectos.

A duración do programa de prácticas será de 284 horas distribuídas en 20 horas semanais e recibiranse 2.560 euros brutos por elas.

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais a partir da publicación do anuncio nos xornais La Voz de Galicia e La Opinión de A Coruña (29 de setembro de 2008)
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio