pargal

Convocatoria de dúas bolsas de formación para o Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia

O Parlamento de Galicia convocou dúas bolsas para a formación no Servizo de Publicacións. O prazo para presentar solicitudes é de 20 días hábiles a partir da publicación do anuncio no DOG do 31 de decembro de 2025.

Parlamento de Galicia convocou sete bolsas de formación práctica na institución, en materias de comunicación institucional, publicacións, recursos humanos e contratación e xestión parlamentaria.

Dúas bolsas en publicacións

Poden optar a estas bolsas as persoas que posúan grao en Tradución e Interpretación, cando a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1.ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.

Outros requisitos comúns a todas as bolsas son:

  • Titulación obtida no ano 2018-2019 ou posterior
  • Coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4

Duración e contía das bolsas

As bolsas terán unha duración máxima de 12 meses desde o seu inicio. 

A contía de cada bolsa é de 1300 euros mensuais, coa retención que legalmente proceder.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días hábiles a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, publicación que se produciu no DOG do 31 de decembro de 2025

Principal información

  1. Convocatoria: bolsas para o Parlamento de Galicia (Servizo de Publicacións)
  2. Duración: 12 meses
  3. Contía: 1300 euros mensuais brutos
  4. Requisitos:
    • Grao en Tradución e Interpretación, en Lingua e Literatura Galegas, en Estudos de Galego e Español ou titulación equivalente
    • Titulación de 2018-2019 ou posterior
    • Celga 4
  5. Prazo para presentar solicitudes: 20 días hábiles logo da publicación da convocatoria no DOG do 31 de decembro de 2025.

Información máis detallada

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio