Convocatoria de cursos preparatorios para a obtención do Celga en 2013

Política Lingüística publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas de Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, destinados a persoas adultas e a colectivos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de xaneiro de 2013

DESTINATARIOS

-Particulares, para os cursos que xa se inclúen no anexo III da convocatoria, na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

-Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos, cun mínimo de 20 persoas preinscritas

PRAZO PARA IMPARTIR OS CURSOS

-Do 11 de marzo ao 29 de maio de 2013

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

-Até o 25 de xaneiro de 2013, tanto para colectivos como para particulares

EXAMES

-En 2013 haberá unha única convocatoria de exames:

>Celga 1: 9 de xuño

>Celga 2: 2 de xuño

>Celga 3: 8 de xuño

>Celga 4: 1 de xuño

A orde, publicada no DOG do 7 de xaneiro, pode consultarse aquí>

A pesar de que desde a CTNL se lle presentou á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) unha Proposta para a mellora da planificación e xestión dos Celga para corrixir os numerosos problemas que se repiten ano tras ano na convocatoria e na planificación e xestión destes cursos, a SXPL segue sen atender esta proposta e a convocatoria deste 2013 volve presentar moitos problemas básicos en canto a xestión e planificación. Nomeadamente:

-Desconsideración absoluta dos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos.

-Falta de universalidade e de planificación territorial na oferta formativa.

-Falta de garantías na realización dos cursos para “colectivos” e descoordinación cos SNL.

-Na práctica, competencia lingüística desigual do alumnado.

-Unha única convocatoria anual de exames é escasa.

Por estas razóns, desde a CTNL solicitaráselle á SXPL que modifique esta convocatoria e solucione dunha vez os numerosos problemas de xestión e organización destes cursos.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio