Convocatoria de cursos preparatorios para a obtención do Celga en 2012

A Secretaría Xeral de Política Lingüística fixo pública a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas Celga en 2012, tanto para particulares como para colectivos. O prazo de solicitude está aberto até o 30 de xaneiro

DESTINATARIOS

-Particulares, para os cursos que xa se inclúen no anexo III da convocatoria, na Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo

-Colectivos, entidades e/ou asociacións que desexen organizar cursos, cun mínimo de 20 persoas preinscritas

PRAZO PARA IMPARTIR OS CURSOS

-Do 12 de marzo ao 31 de maio de 2012

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

-Até o 30 de xaneiro de 2012, tanto para colectivos como para particulares

EXAMES

-En 2012 haberá unha única convocatoria de exames:

>Celga 1: 10 de xuño

>Celga 2: 3 de xuño

>Celga 3: 9 de xuño

>Celga 4: 2 de xuño

A orde, publicada no DOG do 9 de xaneiro, pode consultarse aquí en .pdf >

A pesar de que en reiteradas ocasións a CTNL lle remitiu á Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) unha proposta de mellora para corrixir os numerosos problemas que se repiten ano tras ano na convocatoria e na planificación e xestión destes cursos, a SXPL segue sen atender nin negociar esta proposta e a convocatoria deste 2012 volve presentar moitos problemas básicos en canto a xestión e planificación. Nomeadamente:

-Desconsideración absoluta dos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos.

-Falta de universalidade e de planificación territorial na oferta formativa.

-Falta de garantías na realización dos cursos para “colectivos” e descoordinación total cos SNL.

-Na práctica, competencia lingüística desigual do alumnado.

-Unha única convocatoria anual de exames é escasa.

Por estas razóns, desde a CTNL solicitaráselle á SXPL que modifique esta convocatoria e solucione todos os problemas de xestión e organización destes cursos.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio