O obxectivo principal do curso é que as persoas participantes coñezan as vantaxes e aprendan a manexar algunhas ferramentas multimedia básicas que poden ser aproveitadas para o traballo en normalización lingüística, como blogs; podcast; publicación de textos, fotos, animacións, vídeos e son na rede; traballo colaborativo en internet; manexo e aproveitamento de redes sociais; etc.
O curso será impartido por Luciano Fernández Martínez, terá unha duración total de 24 horas e desenvolverase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela durante o sábado 18 de outubro todo o día, o venres 24 pola tarde e o sábado 25 todo o día.
Este curso conta coa coorganización do Departamento de Filoloxía Galega da USC e coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O prazo de preinscrición estará aberto até o 9 de outubro, e debe facerse a través do formulario que acompaña á información completa do curso.
Convocatoria de Curso de aproveitamento de ferramentas multimedia para o traballo en normalización lingüística
A CTNL convoca un novo curso de formación dirixido a traballadores/as de normalización lingüística. O curso estará centrado no aproveitamento práctico das principais ferramentas multimedia e terá lugar os días 18, 24 e 25 de outubro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela. O prazo de preinscrición está aberto até o 9 de outubro.