Convocatoria de contrato temporal a tempo parcial para o proxecto de cambio lingüístico do ILG

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago convoca un contrato temporal a tempo parcial para transcricións e anotacións de gravacións no proxecto de cambio lingüístico no galego actual. A duración é de cinco meses e medio e o prazo de solicitude ata o 22 de xullo

OBXECTO DO CONTRATO

Transcrición e anotación de gravacións para o proxecto Cambio Lingüístico. Traballos de mantemento e desenvolvemento de base de datos CORILGA.

CONDICIÓNS DO CONTRATO

-Retribución bruta mensual: 660,00 €

-Duración do contrato: 5,5 meses

-Data inicio prevista: 15/09/2015

-Data fin prevista: 28/02/2016

-Xornada laboral: tempo parcial

-Categoria: Investigador en formación

REQUISITOS

Titulacións: Licenciado /a ou Grao en Filoloxía Galega ou Lingua e Literaturas Galegas. Deberán estar matriculados/AS nun Programa de Doutoramento na USC

MÉRITOS

-Expediente académico: 50%

-Máster con especialización en linguística: 10%

-Méritos de investigación (congresos, artigos, publicacións, contratos en proxectos relacionados con lingua oral): 15%

-Entrevista: intereses de investigación en aspectos relacionados co proxecto (cambio lingüístico no galego actual), proxecto de tese… aos/ás candidatos/as que acaden as 5 mellores puntuacións: 25%

Información e convocatoria completa, aquí >

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio