Convocatoria de contrato de investigación xeolingüística no ILG

O Instituto da Lingua Galega (ILG) anuncia a convocatoria para a contratación de investigador/a para a edición e elaboración dos materiais galegos do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI)

PROXECTO

-Título da actividade: Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI

-Centro de traballo: Instituto da Lingua Galega

-Número de prazas: 1



OBXECTO DA OBRA OU SERVIZO

-Traballo para realizar: Transcrición de materiais de investigación xeolingüística. Revisión de transcricións de materiais de investigación xeolingüística. Actualización e mantemento da base de datos do proxecto

CONDICIÓNS DO CONTRATO

-Retribución bruta mensual: 850,00 €

-Duración do contrato: 10 meses

-Data inicio prevista: 01/02/2014

-Data fin prevista: 30/11/2014

-Xornada laboral: tempo parcial

REQUISITOS E MÉRITOS DE CANDIDATOS/AS

-REQUISITOS: Licenciado/a en Filoloxía Galega ou Grao en Lingua e Literatura Galegas

-MÉRITOS: Experiencia en transcrición de textos (20%), experiencia no tratamento de datos lingüísticos dialectais (20%), publicacións científicas e participación en congresos (10%), participación en proxectos de investigación (20%), entrevista persoal ós candidatos que acaden as tres mellores puntuacións (30%)

PRAZO DE SOLICITUDE

10 días desde a publicación do anuncio

Máis información, aquí>
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio