Convocatoria de contratación temporal no SNL da UdC para tarefas de dinamización lingüística

O SNL da Universidade da Coruña, coa colaboración da Deputación provincial, convoca a contratación temporal dunha persoa para realizar tarefas de dinamización lingüística. O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro ás 14.00 h

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) convoca, financiada pola Deputación da Coruña, a contratación temporal dunha persoa para realizar tarefas de dinamización lingüística nos campus da Universidade da Coruña.

Xornada: tempo completo

Duración: 8 meses e 17 días

Requisitos:

-Licenciatura ou titulación superior equivalente

-Experiencia no ámbito da planificación lingüística

-Coñecementos sociolingüísticos e informáticos

Retribucións brutas mensuais: 2.596,25 €

Lugar de presentación das solicitudes: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña

Prazo de presentación: até as 14.00 horas do 30 de novembro de 2010

Convocatoria completa en .pdf >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio