Convocatoria de cinco bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo vén de facer pública a convocatoria de 5 bolsas de iniciación á colaboración. O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xaneiro.

Obxecto

O obxecto destas bolas é formar expertos/as en colaboración coa ANL en labores de implantación efectiva do Plan de normalización lingüística da UVigo e na posta en marcha de campañas de normalización.



Requisitos das persoas solicitantes



  • Ser estudante da Universidade de Vigo de Filoloxía Galega ou de Tradución (lingua A: galega) no curso 2008/2009 e ter cursados, cando menos, a metade dos créditos da licenciatura.


  • Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país da UE.




Criterios de valoración



Valoraranse os seguintes méritos:





  • o expediente académico


  • a experiencia en traballos de normalización


  • coñecemento das linguas de traballo na UE


  • o manexo de medios electrónicos e dixitais




As persoas candidatas poderán ser convocados a unha entrevista persoal



Prazo e lugar de presentación de solicitudes



O prazo para presentar solicitudes remata o día 29 de xaneiro. As solicitudes deberán dirixirse ao vicerreitor de Relacións Institucionais e poderán presentarse en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo.





Pode consultarse a convocatoria completa nesta ligazón.



VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio