Convocatoria de catro bolsas de iniciación á colaboración coa Área de Normalización Lingüística da UVigo

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo convoca catro bolsas de iniciación ás tarefas de normalización para o estudantado da universidade. O prazo para presentar solicitudes remata o 5 de febreiro.

Para poder concorrer a estas bolsas, as persoas interesadas deberán estar estudando Filoloxía Galega ou Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo e ter, ademais, cursados a metade dos créditos das titulacións.

O período de beneficio da bolsa será de cinco meses cunha contía total de 2250 euros brutos.

Ademais do impreso de solicitude, as persoas interesadas deberán presentar unha fotocopia do DNI, un currículo acompañado coa documentación acreditativa dos méritos e a certificación académica.

Podes consultar máis información sobre estas bolas na ligazón seguinte.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio