As bolsas convocadas son as seguintes:
· 2 bolsas para colaborar nos dicionarios de literatura
· 1 bolsa para colaborar nos cadernos de fraseoloxía galega
· 1 bolsa para colaborar no corpus de referencia do galego actual
· 1 bolsa para colaborar na catalogación dos fondos bibliográficos do Centro
· 2 bolsas para colaborar na recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos
· 1 bolsa para colaborar na valiación e aprendizaxe do galego
· 1 bolsa para colaborar no proxecto de prosa literaria galega medieval
· 2 bolsas para colaborar en proxectos de lírica medieval
· 1 bolsa para colaborar no proxecto de síntese de voz en galego
O importe de cada unha das bolsas será de 927 euros mensuais.
O prazo de presentación de solicitudes é de 31 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria.
A convocatoria completa, en .pdf, aquí.
Convocatoria de bolsas de colaboración no Centro Ramón Piñeiro
A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) publica, no DOG do 17 de decembro de 2007, a convocatoria de bolsas de colaboración en diferentes proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dependente da SXPL.