Convocatoria de bolsas da UDC para a colaboración nun estudo sociolingüístico

A Universidade da Coruña convocou vinte bolsas para estudantes para colaborar nas enquisas e no tratamento dos datos dun estudo sobre o coñecemento, o uso e as actitudes cara ao galego na UDC no ano 2008.

As persoas aspirantes a estas bolsas deberán ser estudantes da Universidade da Coruña, con matrícula, no curso académico 2008-2009, en primeiro, segundo ou terceiro ciclo. Canto á contía, esta será de 1800 euros para unha das bolsas e de 300 euros para as 19 restantes, que dependerá das enquisas que se fagan e das que se introduzan no programa estatístico. A duración é de 4 meses, comprendidos entre o día 10 de novembro de 2008 e 9 de marzo de 2009.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña) ou nos rexistros auxiliares (Casa do Lagar, campus de Elviña, 15071 A Coruña e Edificio de Usos Administrativos, campus de Esteiro 15403 Ferrol) até o 13 de outubro de 2008 ás 14:00 h.

Podes consultar as bases completas da convocatoria na ligazón seguinte
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio