O Parlamento de Galicia convoca unha bolsa de formación para desenvolver tarefas no Servizo de Publicacións desta institución.
Poden optar a esta bolsa as persoas que posúan o grao ou licenciatura universitaria en Tradución e Interpretación, na que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega, ou a licenciatura en Filoloxía Galega.
A contía da bolsa é de 12.000 euros brutos, a razón de 1.000 brutos ao mes.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.
As bases poden consultarse aquí (.pdf), no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
Convocatoria de bolsa de formación en publicacións no Parlamento
O Parlamento de Galicia anuncia a convocatoria dunha bolsa dun ano de duración no seu Servizo de Publicacións. O prazo de solicitude está aberto até o 3 de novembro