Convocatoria de axudas para publicacións periódicas en galego

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta publicou no DOG do 15/2/2011 a convocatoria de axudas a empresas que realicen publicacións periódicas integramente en galego. O prazo de solicitude remata o 16 de marzo

-Convocatoria: DOG do 15/2/2011 (aquí en .pdf)

-Prazo de solicitude: un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria

-Procedemento de concesión: concorrencia non competitiva

-Publicación subvencionábeis:

a) Que estean escritas integramente en galego conforme a normativa oficial vixente.

b) Que teñan un mínimo de 20 páxinas en formato DIN A-3 ou de 26 páxinas en formato DIN A-4 (ou o equivalente noutros formatos) e que publicasen un mínimo de doce números no ano 2010.

c) Que se publiquen periodicamente.

d) Que inclúan o pé de imprenta con todos os datos que estableza a lexislación vixente.

e) Que non se distribúan como suplementos, ou de forma conxunta a outra publicación.

-Contía das axudas: a contía máxima que a Xunta lle dedicará a estas axudas é de 41.341,00 €

Convocatoria completa >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio