Convocatoria de axudas para os ENDL dos centros de ensino públicos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica no DOG do 11 de xaneiro a Resolución pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia, que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2009-2010

Cada centro de máis de 50 alumnos/as poderá recibir até un máximo de 2.500 euros; os centro de entre 25 e 50 alumnos/as un máximo de 600 euros; e os centros con menos de 25 alumnos un máximo de 400 euros.

Para solicitar a axuda os centros deberán presentar unha copia impresa do proxecto, que deberá conter os seguintes apartados:

-Breve estudo sociolingüístico actualizado no que se atenda o contorno do centro, a situación do profesorado, a situación do alumnado e a situación lingüística do centro

-Os obxectivos marcados para cada un dos catro puntos anteriores (contorno, alumnado, profesorado e centro)

-Descrición detallada das accións dinamizadoras que se propoñen para cumprir os obxectivos marcados

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: até o 1 de febreiro de 2010

A convocatoria completa pode descargarse en .pdf aquí.
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio