Convocatoria de axudas para guións audiovisuais en lingua galega

A Consellería de Cultura e Deportes convoca axudas para escrita individual de guións audiovisuais en lingua galega. A dotación económica total destas subvencións é de 150.000 euros. O prazo de solicitude destas bolsas remata o vindeiro 11 de xullo.

Poden presentarse a estas axudas guións en galego orixinais ou adaptacións de obras literarias que se vaian plasmar en longametraxes de ficción, documentais ou películas para televisión. Os proxectos seleccionados percibirán como máximo unha contía de 15.000 euros.

Con esta convocatoria, Cultura quere potenciar a creatividade e orixinalidade dos guionistas galegos como peza clave dun sector audiovisual que se distinga pola súa mirada propia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de xullo de 2008.

A convocatoria completa, en .pdf, pode consultarse aquí.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio