As solicitudes de subvencións deberán presentarse no rexistro municipal do Concello ou en calquera dos rexistros públicos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 no prazo de 20 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (24 de setembro de 2008).
Convocatoria de axudas para actividades de dinamización lingüística no Concello de Culleredo
O Concello de Culleredo publicou no Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 24 de setembro de 2008 a convocatoria de subvencións municipais destinadas a entidades sen ánimo de lucro, colexios públicos e persoas físicas deste concello. Entre as actividades subvencionables na Área de Cultura, Deportes e Participación Cidadá están as orientadas a fomentar a lingua e a cultura galegas.