Convocatoria de axudas para a edición de materiais didácticos curriculares en galego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios. O prazo para a presentación de solicitudes remata o 7 de abril

O orzamento que a Xunta lle dedica a esta acción é de 400.000 euros, un 62% menos que en 2009, cando lle dedicou 1.050.000 euros.

Criterios de concesión e valoración das propostas

A valoración das propostas realizarase en función da calidade da obra, para o que se terá en conta a adaptación dos contidos ao currículo estabelecido, a calidade lingüística, o tipo de actividade, a adecuación á realidade cultural e social de Galiza, a relación dos contidos cos intereses do alumnado ao que vai dirixido, o tratamento de valores democráticos e a adecuación da linguaxe ao nivel dos/as estudantes.

O prazo para a presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria (DOG do 7/3/2011).
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio