O DOG do 14 de febreiro publica a Orde do 28 de decembro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria para a presentación de proxectos de fomento do uso do galego dos centros de titularidade pública de Galicia que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios, para o curso escolar 2012-2013.
Prazo de presentación de solicitudes
Ata o 14 de febreiro de 2013
Criterios para a cualificación dos proxectos
-Calidade do proxecto: até 24 puntos (80%)
-Número de estudantes do centro: até 6 puntos (20%)
Contía das axudas
-Centros con máis de 50 alumnos: até 800 euros
-Centros con entre 25 e 50 alumnos/as: até 300 euros
-Centros con menos de 25 alumnos/as: até 150 euros
Convocatoria completa en .pdf >
Convocatoria de axudas para a dinamización lingüística no ámbito educativo
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta as bases para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística, para desenvolver en centros de ensino dependentes desta consellería no curso académico 2012-2013. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 14 de febreiro