Convocatoria de axudas da Deputación de Pontevedra para a creación, o mantemento ou o reforzo de SNL nas entidades locais da provincia

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra de hoxe publicáronse as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2020. No mesmo BOP publicouse o extracto correspondente, que marca o prazo para presentar as solicitudes: até o 17 de agosto.

A Deputación Provincial de Pontevedra convoca no BOP de hoxe o programa de axudas para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais.

MODALIDADES DE AXUDAS

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

creación de novos servizos de normalización lingüística

mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

– Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra de máis de 5.000 habitantes e de até un máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia que, entre elas, cheguen a esa cifra mínima.

– Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.

– Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada existente.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística (base segunda da convocatoria).

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

Cando o beneficiario sexa un concello ou entidade local a Deputación contribuirá, no exercicio 2020, cun importe máximo de 20.000 € para contratación do persoal técnico a xornada completa. Se o contrato é de media xornada, o importe máximo será de 10.000 € e, se a xornada é inferior, o importe reducirase proporcionalmente.

No caso de que a axuda se solicite para a creación, mantemento ou reforzo do SNL dunha agrupación de concellos o importe máximo da axuda será de 25.000 por xornada completa e 12.500 € por media xornada. Noutros tipos de xornada, sen que poida nunca ser inferior á media xornada, o importe reducirase proporcionalmente.



PRAZO E MODALIDADE DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, é dicir, do 17 de xullo ao 17 de agosto de 2020, dado que o 16 de agosto é inhábil.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 20 de maio de 2021.

Bases en .pdf. (BOP do 16 de xullo de 2020)



Extracto en .pdf
. (BOP do 16 de xullo de 2020)

ADDENDA

Resolución das axudas, en pdf (BOP do 11 de xaneiro de 2021)
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

faixa linguavitalxa manifestacion e foliada pola lingua

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio