No DOG de hoxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou a Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A).
MODALIDADES QUE SE SUBVENCIONAN
1. Creación dun servizo de normalización lingüística
3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística.
4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.
DESTINATARIOS
-Concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior aos 3000 habitantes
PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS
-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2016
PRAZO DE SOLICITUDE
-Un mes desde o día seguinte da publicación das bases, é dicir, até o 19 de maio de 2016
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
– As solicitudes presentaranse unicamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
CRITERIOS DE VALORACIÓN
-A maior poboación, máis puntuación; para territorios máis desgaleguizados, maior puntuación; implicación de entidades nas accións dinamizadoras; pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, etc.
ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN
-Deporte
-Mocidade
-TIC
-Economía
-Servizos sociais
ORZAMENTO
O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 245.000 euros.
A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí >
Corrección de erros, en .pdf, aquí> (non afecta o prazo de presentación de solicitudes)
ADDENDA
– Resolución da convocatoria (en .pdf), publicada no DOG do 21 de xullo de 2016.
Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca subvencións para a promoción do uso da lingua galega nas entidades locais (agás deputacións). O prazo de solicitude está aberto até o 19 de maio.