Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A)(DOG 79 do 28/4/2015)
MODALIDADES
1. Creación dun servizo de normalización lingüística.
3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística.
4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.
DESTINATARIOS
-Concellos ou agrupamentos de concellos
PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS
-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2015
PRAZO DE SOLICITUDE
-Até o 28 de maio de 2014
CRITERIOS DE VALORACIÓN
-A maior poboación, máis puntuación; para territorios máis desgaleguizados, maior puntuación; implicación de entidades nas accións dinamizadoras; pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, etc.
ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN
-Deporte
-Mocidade
-TIC
-Economía
-Servizos sociais
ORZAMENTO
-O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 245.000 euros
A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí >
A Xunta non permite nesta convocatoria a tramitación en papel, e obriga unicamente á tramitación telemática con certificado electrónico.
Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega
A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega, que este ano volven rebaixar o seu orzamento ata os 245.000 €, o máis baixo da historia. O prazo de solicitude está aberto ata o 28 de maio