Convocatoria de axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca axudas ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega. O prazo de solicitude está aberto ata o 8 de marzo

Orde pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, e se procede á súa convocatoria (ED115A)

(DOG 28 do 8/2/2013)

MODALIDADES

1. Creación dun servizo de normalización lingüística dun concello.

2. Creación dun servizo de normalización lingüística dun agrupamento de concellos.

3. Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística dunha entidade local (sempre que o SNL estea “en funcionamento na data de publicación desta convocatoria de subvencións”).

4. Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística (concello ou agrupamento de concellos).

DESTINATARIOS

-Concellos ou agrupamentos de concellos

PERÍODO QUE COMPRENDEN AS AXUDAS

-Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2013

PRAZO DE SOLICITUDE

-Até o 8 de marzo de 2013

CRITERIOS DE VALORACIÓN

-A maior poboación, máis puntuación; para territorios máis desgaleguizados, maior puntuación; implicación de entidades nas accións dinamizadoras; pertenza á Rede de Dinamización Lingüística, etc.

ÁMBITOS PRIORITARIOS DE INTERVENCIÓN

-Deporte

-Mocidade

-TIC

-Economía

-Servizos sociais

ORZAMENTO

-O orzamento total máximo que a Xunta lle dedica a esta convocatoria, para todos os concellos, é de 400.000 euros

A orde completa, en .pdf, pode consultarse aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio