As axudas á produción recollen diversos tipos de obra. Dentro das longametraxes de ficción distínguese entre longametraxes cinematográficas, óperas primas e telefilmes. Nas longas cinematográficas as axudas poden chegar ao 30% do investimento, cun máximo de 300.000 euros, que poden ser 400.000 no caso da animación. Para as óperas primas, a subvención máxima será do 40%, cun tope de 300.000 euros. No caso dos telefilmes, será do 30% cun máximo de 150.000 euros.
Nas longametraxes documentais distínguese entre documentais de creación, que poden recibir até o 50% cun máximo de 60.00 euros; e documentais de difusión cultural, no que o tope é do 50% con até 50.000 euros. Por último, subvenciónanse longametraxes en soporte dixital con até o 60% do investimento, cun máximo de 100.000 euros.
As axudas teñen un carácter plurianual, para os anos 2008 a 2011. Da cantidade fixada, 700.000 euros concederanse para este ano, e 800.000 para cada un dos anos vindeiros.
A convocatoria completa, en formato .pdf, aquí.
Convocatoria de axudas á produción de longametraxes en lingua galega
A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Axencia Audiovisual Galega, publicou no DOG a convocatoria de axudas para producións e coproducións audiovisuais en lingua galega. Destínanse a este fin 3,1 millóns de euros.