DÍA: venres 2 de marzo de 2012
Hora da primeira convocatoria: 17.00 h
HORA da segunda convocatoria: 17.30 h
LUGAR: Sala circular do Auditorio de Galiza (Avda. do Burgo das Nacións s/n. Santiago de Compostela)
ORDE DO DÍA
1.Lectura e votación da acta da asemblea anterior
2.Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3.Exposición, debate e votación do informe de xestión
4.Exposición, debate e votación do informe de contas
5.Exposición, debate e votación das propostas de acción para o próximo exercicio
6.Elección da Xunta Directiva
7.Rolda aberta de intervencións
Convocatoria completa en .pdf >
Documentación para a Asemblea
A partir do día 23 de febreiro as socias e os socios poderán descargar na área restrinxida do web toda a documentación para a asemblea: acta da asemblea anterior, informe de altas e baixas de socios/as, informe de xestión, informe de contas e propostas de acción para o próximo exercicio. Esta documentación está dispoñíbel no apartado “O Andel da CTNL > Actas e documentación interna” (para acceder a ela cómpre estar rexistrado no web).
Elección da Xunta Directiva
Segundo os estatutos da CTNL, a Xunta Directiva estará integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25). Deste xeito, poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (martes 28 de febreiro, ás 17.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a info@ctnl.org, na que deberán figurar os nomes, apelidos e números de documentos de identidade dos/as socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.
Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria 2012 da CTNL
A Asemblea Xeral da CTNL terá lugar o venres 2 de marzo, ás 17.30 h, no Auditorio de Galiza, en Santiago de Compostela