Convocamos un obradoiro de pensamento creativo

A CTNL organiza un Obradoiro de pensamento creativo baseado no método CPS (Creative Problem Solving). Impartirao Natalia Nogueira e será en Santiago de Compostela os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2016.

POR QUE ESTE OBRADOIRO?

No traballo cotián en normalización da lingua buscamos sempre ideas novas e orixinais, pero ás veces temos dificultade para chegar a elas ou para dinamizar os grupos de participación que nolas fornecen. En moitas ocasións fáltannos técnicas para superar de maneira creativa estas eivas.

Con este obradoiro, aprenderemos ferramentas que nos axudarán a explorar a fondo os problemas e os retos, a xerar ideas en equipo e a buscar solucións de maneira creativa entre todas/os.

CALES SON OS OBXECTIVOS?

-Proporcionar aos/ás participantes no obradoiro unha formación avanzada en materia de creatividade.

Aprender a desenvolver dinámicas que incrementen a motivación e a capacidade de mobilización do equipo.

-Ser quen de implementar en grupos accións que consigan activar a creatividade das persoas co fin de aplicala para a xeración de proxectos que favorezan o uso da lingua e incrementen o seu prestixio.

QUEN NOS VAI GUIAR E AXUDAR?

Natalia Nogueira López, enxeñeira industrial, xerente de Serviguide Consultoría e especialista en xestión da innovación.

Alén disto, ten certificacións en diversos métodos para desenvolver a creatividade: Método Lombard, Desing Thinking, Creative Problem Solving e Lego Serious Play Method.

QUEN PODE PARTICIPAR?

-Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)

-Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua

-Membros de equipos de normalización e dinamización lingüística do ensino

-Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

Para o bo funcionamento do obradoiro, poderán participar un máximo de 16 persoas.

PRAZO DE INSCRICIÓN

Do 6 ao 20 de xuño de 2016

AVISO: non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.

Información completa e formulario de inscrición.

VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio