E, de maneira moi sinxela, desde asociacións, servizos de normalización lingüística ou equipos de normalización do ensino, pódense facer vídeos con esa finalidade, pensados sobre todo para difundir a través da rede, e sen máis necesidades ca unha pequena cámara ou incluso un teléfono móbil.
Por este motivo, para aproveitar este potencial e para podermos crear vídeos con moi poucos medios para campañas, actividades, difundir mensaxes, etc., desde a CTNL organizamos unha nova edición deste obradoiro.
Cando e como se desenvolve este obradoiro?
Este pequeno curso práctico terá lugar durante o mes de novembro de 2014, con dúas sesións presenciais (os días 11 e 20 de novembro, en Santiago de Compostela) e varias en liña (desde onde ti queiras, claro;-)
O obradoiro e básico, polo que, ademais de ganas e interese, para a participación abonda con que teñas un ordenador portátil e algún aparello básico de gravación de vídeo (teléfono móbil, cámara de fotos con vídeo, cámara de vídeo, etc.).
Inscrición
O prazo de inscrición xa está aberto (remata o 2 de novembro), e, como vai ser un obradoiro moi práctico, só poden participar un máximo de 15 persoas, polo que se respectará a orde de inscrición, dándolles preferencia ás socias e socios da CTNL. Así que, se queres participar, bule! ;-)
Tes toda a información e mais o formulario de inscrición aquí >
Algúns resultados da pasada edición
Esta é a segunda edición deste obradoiro. Na primeira, algúns dos traballos que no propio curso fixeron alumnos e alumnas foron, por exemplo, estes:
Que? Anímaste? ;-)