Convocados lectorados de galego en seis universidades estranxeiras

A Secretaría Xeral de Política Lingüístia anuncia a convocatoria de lectorados de galego en Vitoria, París, Birmingham, Oxford, Cork e Salvador de Bahía. O prazo de solicitude está aberto ata o 14 de xuño

DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIA

Publicación: Diario Oficial de Galicia (DOG) do 14 de maio de 2012

Prazas convocadas:

-Universidade do País Vasco

-Universidade da Sorbona-París III

-Universidade de Birmingham

-Universidade de Oxford

-Universidade de Cork

-Universidade de Salvador de Bahía

Titulación necesaria: dependendo do lectorado que sexa, o requisito pode ser a licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, Tradución ou graos lingüísticos con determinados contidos de galego.

Criterios de selección: valoración de méritos, de acordo coas puntuacións fixadas no anexo IV da convocatoria, e entrevista persoal

Duración: máximo de tres anos

Contía:

-1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades do Estado español.

-1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades de fóra do Estado español.

Prazo de presentación: ata o 14 de xuño de 2012

A fase de entrevista terá lugar o día 17 de xullo de 2012 nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a partir das 09.30 h.

Convocatoria completa, en .pdf, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio