Convocados lectorados de galego en oito universidades

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta convoca prazas nos lectorados de galego de oito universidades: Autónoma de Barcelona, Estremadura, Salamanca, Cristiana Albertina de Kiel, Heidelberg, Leipzig, Gales e Varsovia. O prazo de solicitude remata o 13 de xullo



DATOS BÁSICOS DA CONVOCATORIA

Publicación: Diario Oficial de Galicia (DOG) do 13 de xuño de 2013

Prazas convocadas:

-Autónoma de Barcelona

-Estremadura

-Salamanca

-Cristiana Albertina de Kiel

-Heidelberg

-Leipzig

-Gales

-Varsovia

Titulación necesaria: dependendo do lectorado que sexa, o requisito pode ser a licenciatura en Filoloxía Galega ou equivalente, Tradución ou graos lingüísticos con determinados contidos de galego.



Criterios de selección
: valoración de méritos, de acordo coas puntuacións fixadas no anexo V da convocatoria, e entrevista persoal

Duración: máximo de tres anos

Contía:

-1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades do Estado español.

-1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades de fóra do Estado español.

Prazo de presentación: ata o 13 de xullo de 2013

Convocatoria completa, en .pdf, aquí >
VI PREMIOS MIL PRIMAVERAS

Premios 1000 Primaveras

En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Scroll ao inicio