Convocado o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura

A Deputación da Coruña convoca o VI Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2015 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación da lingua e cultura galegas. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril

CRITERIOS DO PREMIO

–Tarefa continuada desenvolvida a favor da promoción da lingua e cultura galegas

–Actuacións concretas a favor da dignificación social da lingua e cultura galegas

–Uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos

–Campañas de información e/ou publicitarias en galego

–Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural

PREMIO

4.500 €

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

Ata o 30 de abril de 2015

QUEN PODE PRESENTAR PROPOSTAS?

Calquera persoa ou entidade, mais non está permitido autocandidatarse

COMO SE PRESENTAN AS PROPOSTAS?

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es

Bases completas, aquí >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio