Convocado o V Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística

A Deputación da Coruña convoca o V Premio Rosalía de Castro de lingua e cultura 2014 para recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou entidades que traballan a prol da promoción social e dignificación do idioma galego. Pódense presentar propostas ata o 30 de abril

CRITERIOS DO PREMIO

-Tarefa continuada desenvolvida en favor da promoción da lingua e cultura galegas.

-Actuacións concretas en favor da dignificación social da lingua e cultura galegas.

-Uso habitual e digno do galego nas súas actividades e nos seus servizos.

-Campañas de información e/ou publicitarias en galego.

-Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

PREMIO

4.500 €

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

Ata o 30 de abril de 2014

QUEN PODE PRESENTAR PROPOSTAS?

Calquera persoa ou entidade, mais non está permitido autocandidatarse

COMO SE PRESENTAN AS PROPOSTAS?

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es

En edicións anteriores, o premio outorgóuselle a:

>2013: Regueifeiros de Bergantiños

>2012: Pedro Benavente Jareño

>2011: A Mesa pola Normalización Lingüística

>2010: Blogaliza.org

Información completa e bases no BOP da Coruña do 12/3/14, aquí >
En defensa do traballo xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística (SNL)

Asociate na CTNL

A CTNL no Youtube

A CTNL no Youtube

Queremos galego!

kit para a normalización en rede

Kit para a normalización en rede

Lingua vital xa!

Lingua vital xa! Paremos a emerxencia lingüística

Scroll ao inicio