Os Premios Linguapax son outorgados anualmente polo Instituto Linguapax, e son un recoñecemento público á dedicación de persoas que destacan na promoción da diversidade lingüística e que contribúen a mellorar a situación sociolingüística dunha comunidade ou país.
Deste xeito, xa recibiron este galardón persoas como Neville Alexander (2008), Maya Khemlani David (2007), Natividad Mutumbajoy (2006), Maurice Tadadjeu (2005), Fernand de Varennes e Joshua Fishman (2004), Aina Moll e Tove Skutnabb-Kangas (2003) ou Bartomeu Melià e Jerzy Smolicz (2002).
As candidaturas para a edición de 2009 poden enviarse, xunto cunha breve recensión biográfica, á secretaría do Instituto Linguapax (info@linguapax.org) antes do 20 de xaneiro de 2009.
O gañador ou a gañadora do premio darase a coñecer o 21 de febreiro, Día Internacional da Lingua Materna.
Convocado o Premio Linguapax 2009
O Institut Linguapax convoca unha nova edición do premio anual que quere contribuír ao recoñecemento de lingüistas, investigadores/as, docentes ou membros da sociedade civil que destacan na promoción da diversidade lingüística e/ou da educación multilingüe.