Este premio, concedido pola Deputación da Coruña, está destinado a recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias, de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural, ben no ámbito da provincia, autonómico, exterior ou global, que apostan decididamente de forma desinteresada ou cun apoio pouco significante.
O premio consiste nun recoñecemento honorífico e non ten dotación económica.
O prazo de presentación das candidaturas remata o 20 de abril.
A proposta de candidaturas será libre e non se poderá autocandidatar. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación da Coruña ou no enderezo electrónico normalizacion.linguistica@dicoruna.es.
A convocatoria completa, publicada no BOP do 16 de marzo, pode consultarse aquí >
Na primeira edición, a de 2010, este galardón foille concecido a Blogaliza, e na segunda, a de 2011, á Mesa pola Normalización Lingüística.
Convocado o III Premio Rosalía de Castro, que pasa a ser de Lingua e Cultura
A Deputación da Coruña convoca o III Premio Rosalía de Castro, que até agora premiaba iniciativas normalizadoras e que agora pasa a ser de lingua e cultura, para premiar o compromiso coa dignificación social do noso patrimonio lingüístico e cultural