O DOG do 13 de xullo publicou a convocatoria de oito bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
As bolsas convocadas son para os seguintes proxectos:
-Unha bolsa de formación no proxecto Etiquetador/Lematizador do Galego Actual (CORGA/XIADA).
-Unha bolsa de formación no Proxecto Codolga: Corpus documentale Latinum Gallaeciae.
-Unha bolsa de formación no Proxecto BILEGA: Bibliografía Informatizada da Lingua Galega.
-Unha bolsa de formación no Proxecto Terminoloxía científico-técnica.
-Unha bolsa de formación no Proxecto Informes de Literatura.
-Unha bolsa de formación no Proxecto Recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos.
-Unha bolsa de formación no Proxecto Lírica profana galego-portuguesa.
-Unha bolsa de formación no Proxecto Dimensións da identidade colectiva de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes é de un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no DOG, que foi o 13 de xullo.
As bases e información completa, aquí >
Convocadas oito bolsas de formación en proxectos do Centro Ramón Piñeiro
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convocou oito bolsas de formación en diversos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de agosto.